Crear cuenta / - Bitacoras.comAgregador → Enlace permanente ¬

6puntos votar

Is de Lobarzán 2009: o luxo do escaso

Os viñedos de Lobarzán en Vilaza (Monterrei) A terra de Monterrei estase a revelar como unha das zonas máis prometedoras para os tintos galegos. Son sempre bombas de froita, finísimos coupages nas que a araúxa sofistica a mencía. A Adega Castro de Lobarzán, dinamizada polo inquedo José Manuel Fernández, é unha das referencias máis solventes da denominación de orixe. O seu tinto Castro de Lobarzán, do que fai 4.000 botellas, é do mellor en relación calidade-prezo para os tintos galegos. Só algúns anos, cando se dan as condicións, José Manuel tamén se anima a elaborar esta marabilla, o Is de Lobarzán. Por exemplo, non hai Is do 2010. Soubemos dos seus escrúpulos hai pouco, no transcurso dunha magnífica cea no Bar do Jorge, unha taberna do rural verinés que hai que visitar aínda que só sexa pola incrible decoración de tallas e tocas de madeira feitas polo seu propietario. Alí, José Manuel Fernández amosounos, con amor e orgullo, os seus viños. Quedáballe moi pouco deste Is, e a penas lle puidemos dar o tempo e a...
tags
Continuar leyendo

Recomienda esta anotación por e-mail