Crear cuenta / - Bitacoras.comAgregador → Enlace permanente ¬

0puntos votar

Xotramu: a recuperación dos nosos xogos tradicionais

A tartaruga, a ra ou a porca poden ser os nomes de tres animais. Máis se a esta relación engadimos os birlos, a billarda, o tirapedras, os zancos, as botas, as catro esquinas, as chapas, o trompo, o ferrón ou o aro formarían parte da nosa tradición: os xogos populares. As persoas que forman Xotramu levan anos cun obxectivo: a recolla e a investigación dos brinquedos e dos xogos que practicaban os nosos maiores para os divulgar e facelos perdurar entre nós. Ata agora, son máis de 120 xogos recuperados por Xotramu en Muimenta, lugar en que residen, e doutras partes da xeografía galega. Se tes curiosidade por saber como xogan á chave en Ferrolterra ou comprobar que o nabo ao caldeiro non é un prato, a Fundación Tic e Xotramu elaboraron unha serie de vídeos divulgativos sobre os xogos tradicionais que podes consultar nesta ligazón.
tags
Continuar leyendo

Recomienda esta anotación por e-mail

No se ha detectado ningún blog que referencie esta entrada.